Juan Ramón Ulloa Pimentel, nado en Donramiro (Lalín) en 1804 e finado en 1891, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Joaquín Ulloa Rodríguez e Juana Pimentel de Rúa e irmán de José Ulloa Pimentel. Recibiu o grao de Bachiller da Universidade de Santiago de Compostela en 1824. En 1830 foi facultado como avogado da Audiencia de Galicia. En 1845 foi nomeado administrador de Rentas Estancadas (control do monopolio do tabaco) de Lalín. Foi alcalde de Lalín de 1866 a 1868.
Vida persoal Casou en primeiras nupcias con María Josefa Estévez e foi pai de Faustino Ulloa Estévez. Casou en segundas nupcias con Manuela Madriñán Casares, coa que tivo como filla a Antonina Camila Ulloa Madriñán, nai de Ramón María Aller Ulloa.
Véxase tamén Ligazóns externas Juan Ramón Ulloa Pimentel Los Ulloa de San Pedro de Orazo (A Estrada, Pontevedra) Descendentes de Juan Ramón Ulloa Pimentel Ramón María Aller Ulloa (astrónomo) Liña materna
Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela