Elena Nevado del Campo, nada o 26 de xaneiro de 1967, é a actual alcaldesa de Cáceres, tras gañar as eleccións municipais do 22 de maio de 2011.
Biografía Naceu o 26 de xaneiro de 1967 e é licenciada en Dereito e co mestrado en Asesoría Xurídica de Empresas. Avogada na actualidade, desenvolveu a súa experiencia laboral traballando como bibliotecaria e sendo colaboradora de distintas fundacións de persoas con distintas discapacidades, inmigrantes e de persoas en situación de exclusión social. É a Responsable de Formación e Vicedecana do Ilustre Colexio de Avogados de Cáceres.
Vida política Na actualidade, é membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Estremadura, Vicesecretaria Xeral Provincial do Partido Popular da Provincia de Cáceres e Vicepresidenta da Xunta Local de Cáceres.
Na lexislatura de Carmen Heras como alcaldesa de Cáceres (2007 - 2011) foi a portavoz do Grupo Municipal Popular, sendo designada para ocupar a Candidatura á Alcaldía de Cáceres en 2011 pola coalición Partido Popular - Extremadura Unida. Tras unha campaña electoral marcada polas obras da Praza Maior de Cáceres e pola decepción de non pasar o primeiro chanzo do xurado para converterse en Cidade Europea da Cultura en 2016, os cacereños entregáronlle a súa confianza o 22 de marzo de 2011, cunha maioría absoluta histórica con 16 concelleiros. É, tamén, vocal da Federación Española de Municipios e Provincias.
Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixida senadora nas Cortes Xerais por Cáceres.
Véxase tamén Ligazóns externas Tribuna municipal: Cáceres es la gran olvidada en materia de inversiones. Elena Nevado: Abrumador tsunami Programa electoral de la candidatura del 2011.
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alcaldes de Cáceres Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Cáceres