300px|miniatura|Interior do Synergia Areena. O Synergia Areena é un pavillón deportivo da cidade de Jyväskylä, Finlandia. O uso principal do pavillón é a práctica do hóckey sobre xeo, xogando os seus partidos como local o JYP, equipo que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga, así como o JYP-Akatemia, equipo filial do anterior e que compite na segunda categoría, a Mestis. Foi inaugurado en 1982 como Jyväskylän jäähalli e dende aquela sufriu dúas remodelacións en 2008 (ano no que mudou o seu nome) e 2009 (desta última vez a súa capacidade ampliouse). Ten capacidade para 4.500 espectadores.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O Synergia Areenaen www.hockeyarenas.net
Categoría:Estadios da SM-liiga Categoría:Deporte en Jyväskylä