O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai do Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.
O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.Sarma, P.K., Talukdar, B.K., Sarma, K., Barua, M. (2009) Assessment of habitat change and threats to the greater one-horned rhino (Rhinoceros unicornis) in Pabitora Wildlife Sanctuary, Assam, using multi-temporal satellite data . Pachyderm No. 46 xullo–decembro de 2009: 18–24.
É o quinto meirande animal terrestre.
Poboación miniatura|Poboación dende 1910. En 2007, o número total de exemplares era de 2.575, dos cales 2.200 vivían en áreas protexidas da India:Syangden, B.; Sectionov; Ellis, S.; Williams, A.C.; Strien, N.J. van; Talukdar, B.K. (2008) Report on the regional meeting for India and Nepal IUCN/SSC Asian Rhino Species Group (AsRSG); March 5–7, 2007 Kaziranga National Park, Assam, India . Kaziranga, Asian Rhino Specialist Group no Parque Nacional de Kaziranga: 2,048 (2009 estimado)— incrementouse dos 366 en 1966 no Parque Nacional de Jaldapara: 108 — incrementouse dos 84 en 2002 no Santuario da Vida Salvaxe Pobitora: 81 — incrementouse dos 54 en 1987 no Parque Nacional de Orang: 68 — incrementouse dos 35 en 1972 no Parque Nacional de Gorumara: 27 — incrementouse dos 22 en 2002 no Parque Nacional de Dudhwa: 21 no Parque Nacional de Manas: 19 no Santuario da Vida Salvaxe Katarniaghat: 2 Santuario da Vida Salvaxe Pobitora rexistra a maior taxa de densidade de rinocerontes da India no mundo — con 84 exemplares en 2009 nunha área de 38,80 km².
A poboación no Nepal medrou dos 99 individuos de 2008 ós 503 de 2011. De todos eles, 145 eran machos, 183 femias e 175 de xénero sen identificar; 332 eran adultos, 111 crías e 60 de idade intermedia.Department of National Parks and Wildlife Conservation (2011) Rhino count in Nepal accomplished . Kathmandu, Nepal
Notas
Véxase tamén
Categoría:Rinocerontes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Mamíferos de Asia