Vicente Casabella Fernández, nado no Candedo (Ourol) o 2 de xullo de 1840 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1900, foi un empresario e filántropo galegoConcello de Ourol. Ourol. A nosa historia. 2011. ISBN 978-84-606-5262-5.
Traxectoria Naceu nunha familia pobre, e de novo emigrou a Cuba. Alí traballou de carboeiro e tempo despois montou o seu propio negocio. Retornou a Galicia e instalouse na Coruña. Deixou estipulado no seu testamento que se construíse unha escola para nenos e nenas na súa parroquia natal que levase o seu nome. En 1931 o municipio deulle o seu nome á avenida que atravesa a capital do concello, que promovera Eugenio Quintana.
En 1974 inaugurouse unha nova escola que leva o seu nome, o EEI Vicente Casabella"Ourol, el lujo de la educación pública", artigo en El País, 8 de outubro de 2007 ..
Notas
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos