miniatura|Chapapote nas rochas de Muxía, resultado do accidente do Prestige. O chapapote (palabra que provén do náhuatl chapopotli, corrupción de tzaucpopochtli deus dos sendeiros, composto de tzacutli, engrudo, e popochtli, perfume) ou picheLocalmente tamén pode recibir outros nomes como galipote na Costa da Morte ou na Terra Eo-Navia Carlos Xesús Varela Contribución ao dicionario galego. O léxico do galego de Asturias, é un líquido moi viscoso, asimilable ó alcatrán, entendéndose por chapapote o alcatrán quente, por exemplo. Nos dicionarios vén como acepción, á parte de alcatrán, asfalto ou substancia oleosa moi viscosa.

En Galiza, dende o accidente do Prestige (13 de novembro de 2002), enténdense por chapapote as diversas expresións de contaminación por petróleo que chegan á costa dun xeito condensado. Así mesmo, tamén se emprega o nome chapapote para o petróleo ou aceite mineral ilegalmente soltado polos barcos, en ocasións procedente dos seus tanques de combustible ou maquinaria.

O barco monocasco Prestige ao accidentarse derramou o petróleo e provocou unha gran marea negra en Galiza, que afectou tamén ao resto da costa norte de España (Asturias, Cantabria e País Vasco) e ao suroeste de Francia. O desastre ecolóxico mobilizou a miles de voluntarios para limpar as costas e deu lugar á creación do movemento Nunca Máis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia da palabra chapapote Chapapote Ensaio lingüístico por Pablo López Medel

Categoría:Contaminación do solo Categoría:Hidrocarburos Categoría:Contaminación acuática