London River é un filme británico dirixido por Rachid Bouchareb que se estreou no 2009. Está protagonizado por Brenda Blethyn e Sotigui Kouyaté, e céntrase na vida de dúas persoas que buscan ós seus fillos despois dos atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres.

Sinopse En xullo de 2005, a viúva de guerra protestante Elisabeth Sommers (Blethyn), que é granxeira en Guernsey, e o musulmán francófono Ousmane (Kouyaté) son dous estraños que se coñecen en Londres. Ela está buscando á súa filla e el ó seu fillo, xa que ningún dos dous tivo novas deles dende os atentados de Londres. Descobren que eran noivos e vivían xuntos nun piso e mesmo tiñan contratada unha viaxe a Francia. Aliviados ó pensar que ambos estaban a salvo, as súas esperanzas non tardan en esvaecerse ó seren notificados pola policía de que o seu ADN foi atopado entre os restos do autobús de Tavistock Square.

Personaxes Brenda Blethyn como Elisabeth Sommers Sotigui Kouyaté como Ousmane Gurdepak Chaggar como Axente de viaxes Roschdy Zem como Carniceiro Philip Quast como Ronnie Stubbs Diveen Henry como Inspectora de policía Salah Mohamed-Mariche como Caseiro do apartamento

Galardóns e nomeamentos 2009: Festival de Berlín: Nomeado ó Oso de Ouro por mellor actor (Sotigui Kouyaté).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Rachid Bouchareb Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes ambientados en 2005