Tony Wroten, Jr., nado o 13 de abril de 1993 en Renton, Washington, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,98 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.

Instituto No seu primeiro ano no Garfield High School de Seattle, Washington, Wroten acadou 20.8 puntos, 8.7 rebotes e 3.8 asistencias por partido. Foi incluído no primeiro equipo All-Washington State Class 4A de 2009, converténdose no primeiro xogador de primeiro ano da historia en ser incluído en dito equipo. No seu segundo ano, fixo 17.6 puntos, 6.4 rebotes e 4.9 asistencias por partido. Na súa terceira tempada non puido xogar debido a unha lesión no ligamento cruzado anterior. Durante a súa derradeira tempada, fixo 25.0 puntos, 7.5 rebotes e 4.1 asistencias por encontro.

Traxectoria universitaria Na súa tempada coma freshman en Washington, Wroten acadou 16.7 puntos, 5.0 rebotes e 3.6 asistencias por partido. Isto foi suficiente para ser nomeado Freshman do Ano da Pac-12, e ser incluído no primeiro equipo All-Pac-12, converténdose no primeiro freshman da historia da universidade de Washington en ser incluído no All-Pac-12. O 3 de abril de 2012, Wroten decidiu inscribirse para o Draft da NBA de 2012. O seu compañeiro en Washington Terrence Ross tamén decidiu inscribirse no Draft de 2012.

Traxectoria profesional Wroten foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Memphis Grizzlies. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Reno Bighorns da NBA D-League.

O 22 de agosto de 2013, Wroten foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio dunha futura elección do Draft de segunda rolda.Grizzlies acquire 2014 second round pick and trade exception from 76ers

O 30 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa fichaxe polo Joventut Badalona da Liga ACB ata final de tempada.El Club Joventut Badalona ficha a Tony Wroten O 29 de abril de 2020, Wroten e o Joventut chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador.Tony Wroten, Joventut Badalona part ways

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Wroten en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Renton, Washington Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do BC Kalev/Cramo Categoría:Xogadores do KK Włocławek Categoría:Xogadores do Joventut Badalona