El Pueblo foi un semanario de carácter republicano que se editou en Pontevedra entre 1914 e 1932.
Historia e características Apareceu o 1 de xuño de 1914. Foi o seu director Juan Manuel Rodríguez de Cea. Aínda que escrito en castelán, mantiña a sección "O Labrego" en galego. Suprimido durante a ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en marzo de 1930.El Pueblo Gallego, 8-3-1930, p. 8. Entre os seus colaboradores figurou Roberto Panero. Deixou de publicarse o 5 de novembro de 1932, para converterse nun diario que aparece co título de El País.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos El Pueblo (1913) Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1914 en Galicia Categoría:Prensa republicana