miniatura|Panel feito de cristais acuñado co Nunca Máis, no carreiro de acceso á praia. A praia dos Cristais é un pequeno areal situado na vila de Laxe, na Costa da Morte.
A súa denominación débese a que a praia está chea de pequenos anacos de cristal, que semellan area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e despois de se desgastar por erosión na costa foise acumulando nesta, xa que é unha zona de deposición.
A praia ten un pequeno varadoiro que serve de refuxio para pequenas embarcacións e un palco de pedra onde se realizan actividades culturais coma o solpor poético. Preto da praia hai un miradoiro e o faro da Insua.
Nesta praia rodouse a serie Mareas vivas da TVG.
Por esta praia pasa a 4ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Praia de Traba Camiño dos Faros
Ligazóns externas Páxina web do Concello de Laxe.
Cristais Categoría:Camiño dos Faros