Ánxela Bugallo Rodríguez, nada na Coruña o 17 de decembro de 1963, é unha profesora e política galega vencellada ao BNG.

Traxectoria Doutorouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou no Museo de Historia Natural da USC. Militante nacionalista desde moi nova, foi secretaria xeral de ERGA, e posteriormente militou até a súa disolución en Unidade Galega. Foi concelleira en Teo en 1999. Formou parte do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG e ocupou o cargo de adxunta á Portavocía Nacional ata a dimisión da executiva desa formación en marzo de 2009. Foi a Conselleira de Cultura da Xunta de Galiza no goberno bipartito saído a partir das eleccións galegas de 2005 e ata 2009.

Imparte docencia na facultade de ciencias da educación da Universidade da Coruña.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Teo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1963