Carlos Filipe Ximenes Belo, nado en Baucau o 3 de febreiro de 1948 é un bispo católico de Timor Leste,Bishop Carlos Filipe Ximenes Belo, S.D.B., . Premio Nobel da Paz en 1996.The Nobel Peace Price 1996 - Carlos Filipe Ximenes Belo - Facts, .

Traxectoria Pasou unha infancia precaria, trala morte do seu pai cando tiña dous anos. Adicouse ao pastoreo de búfalos e a mendicidade. Ingresou en 1962 no seminario de Menegah de Dili e máis tarde no de Dili. Continuou os estudos en Portugal. Entrou na orde salesiana e completou a súa formación na Universidade Pontificia desa orde. Adoitaba visitar poboados marxinais e vítimas da represión.

Foi ordenado bispo por Xoán Paulo II en 1988 tras designalo en 1983 administrador apostólico de Dili. Continuou a súa loita a prol dos dereitos humanos, denunciando violacións e abusos e publicando listas de desaparecidos, acusando ao exército indonesio. Foi vixiado e expiado. Pediu á ONU a descolonización de Timor Oriental. Sufriu varios intentos de asasinato.

Tras a concesión do premio Nobel da Paz, entrevistouse co presidente de Indonesia Yusuf Habibie a quen lle pediu un referendo de autodeterminación e o ensino na lingua indíxena tetun. Mediou entre as partes en conflito buscando a reconciliación.

En 2004 marchou de misioneiro a Mozambique onde desenvolve accións de promoción social, axuda económica e educativa de poboacións indíxenas empobrecidas.

Notas

Categoría:Bispos católicos de Timor Leste Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Timor Leste Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Salesiana Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Premios Nobel de Timor Leste Categoría:Misioneiros Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade do Porto Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI