Explorer 35, tamén coñecido como IMP-E (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform E) e como AIMP-2 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 2), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 19 de xullo de 1967 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Características A misión de Explorer 35 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.

A nave estabilizábazase mediante xiro a 25,6 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Tras seis anos de funcionamento a nave foi apagada o 24 de xuño de 1973.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Interplanetary Monitoring Platform

Categoría:Interplanetary Monitoring Platform