La Opinión foi un periódico editado en Tui entre 1908 e 1910. Foi continuado por La Tetera.

Historia e características Apareceu o 6 de decembro de 1908, para combater ao cacique Venancio Lorenzo e ao seu periódico El Aloya. O seu propietario era Jesús Rivas Begarín e tivo como directores a Manuel Cela e Darío Álvarez Limeses. Editábase en Vigo, na imprenta La Nueva Prensa. Cesou a súa publicación en febreiro de 1910.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Tui Categoría:1908 en Galicia