Betulaceae, as Betuláceas, son unha familia da orde das fagais. Está composta por árbores ou arbustos dicotiledóneos caducifolios e monoicos que se atopan en rexións temperadas e zonas de montaña nos trópicos. A ela pertencen os amieiros e os bidueiros.
No pasado, esta familia estaba dividida en dúas, Betulaceae (Alnus e Betula) e Corylaceae (o resto); porén, estudos recentes no Angiosperms Phylogeny Group, levaron a incluír a antiga familia Corylaceae dentro das Betulaceae.
Descrición Posúen follas simples, alternas, con estípulas caedizas. Flores masculinas con perianto sinxelo, en grupos de 3 na axila dunha bráctea, dispostas en candeas pénsiles. Flores femininas sen perianto, de xineceo ínfero bicarpelar, en grupos de 2 ou 3 na axila dunha bráctea, dispostas en candeas dereitas. As brácteas florais están acompañadas por xeralmente dúa bractéolas. Polinización anemófila. Froitos en núcula aplanada, a miúdo con ás, situados nunha infrutescencia estrobiliforme formada polas brácteas e bractéolas acrecidas e endurecidas. Arredor de 70 a 157 especies repartidas en 6 xéneros (véxase cadro), a meirande parte naturais dos países temperados do hemisferio norte.
Xéneros Alnus, os amieiros. Betula, os bidueiros. Carpinus, os carpes. Corylus, as abeleiras. Ostrya, os carpes lupulinos. Ostryopsis, os carpes abeleiras. Palaeocarpinus.
Véxase tamén Ligazóns externas