A tempada 2007-2008 da Guinness Premiership foi a vixésimo primeira edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Guinness do seu principal patrocinador, unha importante cervexeira irlandesa.
Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 4 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.
O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO). 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).
A liga comezou o 15 de setembro de 2007, e rematou o 31 de maio de 2008 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.
Táboa Guinness Premiership — Tempada 2007/08PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Gloucester 74 22 15 0 7 7 7 2º 20px Wasps 70 22 14 2 6 7 3 3º 20px Bath 69 22 15 0 7 6 3 4º 20px Leicester 64 22 13 0 9 6 6 5º 20px Sale 63 22 14 0 8 4 3 6º 20px Harlequins 63 22 12 0 10 7 8 7º 20px Irish59 22 13 0 9 2 5 8º 20px Saracens 52 22 11 0 11 3 5 9º 20px Bristol 37 22 7 1 14 3 5 10º 20px Worcester 37 22 6 2 14 1 7 11º 20px Newcastle 34 22 7 0 15 1 5 12º 20px Leeds 12 22 2 1 19 0 2<<<< 2006/07 — Tempadas — 2008/09 >>>>
En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º, 3º e 4º). En rosa o equipo descendido (12º).
Semifinais e final
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership
Categoría:Liga inglesa de rugby Categoría:Rugby en 2008