A Banda de música Popular de Moimenta é unha agrupación musical con sede na parroquia de Moimenta, no concello de Lalín.
Historía Fundada no ano 1875, é a única banda do século XIX en activo no concello de Lalín, trala desaparición doutras como Filgueira, Goiás ou Sanxurdo, tamén fundadas nese século. É considerada como a nai da de Goiás, chegando a fusionarse con esta última ante a escaseza de membros da mesma. O seu fundador e primeiro director foi José Vilariño, ao que sucedeu o seu fillo, co mesmo nome. Outros directores da agrupación foron Eliseo Pedreira Fernández, que compuxo o Himno de Moimenta, desde 1946 ata 1972 e Secundino Pedreira Padro, que xa dirixira entre outras a veciña de Bermés, ao que seguirían Anatole Pallás Fuertes e Manuel Gato Soengas. Os máis recentes foron Cándido Alvarado, José Luis Represas Carrera e José Bugallo Senra, que no 2011 foi substituído polo actual director, o lalinense Alberto Iglesias.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web da Banda de Moimenta
Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Lalín Categoría:Música de Galicia sen imaxes