dereita|miniatura|Entrada ao recinto. dereita|miniatura|Exterior do recinto. dereita|miniatura|Escudo na entrada. dereita|miniatura|Escudo na entrada. O Forte de San Lourenzo é unha fortaleza da Idade Moderna situada en Goián (Tomiño), fronte á vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira, da que está separada polo río Miño.

Historia A historia desta construción está ligada á da veciña Fortificación de Goián, construída xunto a outras ao longo do Baixo Miño para a defensa da fronteira sur de Galicia con Portugal. En 1663 a fortificación de Goián foi atacada e tomada polo exército portugués. No Tratado de Lisboa asinado en 1668 entre España e Portugal, ambas as dúas partes acordaron devolver as prazas fortes tomadas. A Coroa Española decidiu entón construír un novo forte de menores dimensións, o Forte de San Lourenzo, pois o tamaño da Fortaleza de Goián era excesivo para servir de base para unha gornición de soldados.

A construción do forte comezou en 1671, en cumprimento da Cédula Real da Raíña Mariana de Austria, no lugar no que antes se levantaba o Fortín da Barca. As obras, cun custo de 143.704 reais, remataron en 1673, xa durante o reinado de Carlos II.

A mellora nas relacións entre España e Portugal provocou que fose pouco utilizado, e co tempo foi obxecto dun abandono progresivo até o abandono definitivo no século XIX. En 1847 Pascual Madoz describíao do seguinte xeito:

Despois do seu abandono foi froito de graves espolios que afectaron ó conxunto. A finais do século XX foi obxecto dun plan de recuperación e posta en valor.

Arquitectura O forte presenta planta cadrada con baluartes defensivos nos extremos que completan a forma estrelada do conxunto. Segundo Blanco Rotea e García Rodríguez "presentaba unha das plantas máis interesantes do conxunto galego de fortificacións do sistema defensivo do Baixo Miño, pola súa perfección e simetría de similares características ao Forte da Ínsua, no lado português". Cada baluarte tiña 3 garitas en cada un dos esquinais, que se poden apreciar nalgúns planos do século XVII.

Un foxo defensivo rodea o conxunto, salvado por unha ponte que permite o aceso á porta principal, antigamente pechada cunha porta levadiza. Neste portón consérvase unha inscrición da fundación co seguinte texto:

Aos lados da porta sitúanse os escudos do sobrenome Girón á esquerda e Castillo á dereitaDe acordo co historiador Manuel Fernández Rodríguez..

No interior divídese en varias construcións: A Casa do Gobernador, a capela, cuarteis para 3 compañías, o almacén das armas, a corteCon capacidade para 60 animais., diversos almazéns e un pozo.

Na actualidade, os elementos defensivos do conxunto mantéñense en bo estado de conservación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina sobre o forte Situación e recreación dixital do forte Artigo sobre o forte, por Julio Anta.

San Lourenzo San Lourenzo Categoría:Tomiño