Ander Izagirre, nado en Donostia o 26 de febreiro de 1976, é un xornalista e escritor vasco.

Traxectoria De mozo foi ciclista en categorías de afeccionados. Estudou Xornalismo na Universidade de Navarra, licenciándose en 1998. Publicou reportaxes e crónicas de viaxes en revistas como National Geographic, Altaïr ou Lonely PlanetMagazine. Tamén escribiu artigos en Nuestro Tiempo, Pie Izquierdo, El Diario Vasco El Correo e Berria, e traballou para a emisora Euskadi Irratia e a cadena ETB. Na actualidade escribe o blog Periodismo con botas.

Obra El testamento del chacal (2003) Plomo en los bolsillos (2005). Los sótanos del mundo (2005) Cuidadores de mundos (2008) Trekking de la costa vasca (2009)

Premios miniatura|Ander Izagirre á cerimonia do premio Euskadi de Literatura 2017. Premio Rikardo Arregi ao mellor xornalista novo en éuscaro no 2001, polas crónicas publicadas no semanario Zabalik sobre a viaxe polas depresións máis profundas do mundohttp://www.argia.com/fitx/bestelakoak/urtez-urte.pdf

Premio Marca de literatura deportiva en 2004 polo libro Plomo en los bolsillos (Penurias, malandanzas, fanfarronadas, locuras, traiciones, alegrías, hazañas, tragedias y sorpresas del Tour de Francia)."Ander Izagirre, ganador con ‘Plomo en los bolsillos’", artigo en Marca ..

Premio Mans Unidas de xornalismo en 2010, por unha reportaxe sobre o traballo infantil nas minas de Bolivia"Ander Izagirre, premio Manos Unidas" , artigo en Deia, 6 de xullo de 2010 . Premio Euskadi de Literatura 2017, por Potosí.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Periodismo con botas, blog persoal .

Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en Donostia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra