Nino Rota, nado en Milán, Italia o 3 de decembro de 1911 e finado en Roma, Italia o 10 de abril de 1979, foi un compositor e músico italiano que acadou sona especialmente por ser o creador de bandas sonoras de filmes de Federico Fellini, Francis Ford Coppola ou Luchino Visconti.

Biografía Nino Rota naceu en Milán o 3 de decembro do 1911, o seu verdadeiro nome era Nino Rinaldi. Era neto de Giovanni Rinaldi (1840-95) un dos pianistas italianos máis sobranceiros do seu tempo. A súa propia filla, Ernesta Rinaldi foi pianista.

Comezou a súa formación musical ós oito anos de idade. Sendo aínda neno compuxo un oratorio para solista, coro e orquestra: “L’infanzia di San Giovanni Battista”, estreado por vez primeira en 1923. Nese mesmo ano entrou no Conservatorio de Milán onde recibiu clases de Giacomo Orefice e leccións sobre composición de Ildebrando Pizzetti. Posteriormente continuou os seus estudos na Academia Santa Cecilicia de Roma sendo un dos seus Mestres Alfredo Casella. Finalmente trasladouse ós EUA no Curtis Institute de Philadelphia. Alí durante dous anos (1931-32) recibiu as ensinanzas de Rosario Scalero e Fritz Reiner).

Finalmente retornou a Milán para finalizar os seus estudos universitarios, onde presentou a súa tese doutoral (1937) sobre o renacentista italiano Zarlino. Ademais da música, Nino Rota estivo sempre interesado por outras disciplinas artísticas coma a literatura ou a historia musical.

Profesionalmente comezou a impartir clases sobre teoría musical na escola musical de Taranto, para posteriormente ensinar harmonía e composición no Conservatorio de Bari. Finalmente foi nomeado director deste Conservatorio, ocupando o posto durante case trinta anos (1950-78). Morreu en Roma o 10 de abril de 1979.

Filmografía

Director Película Ano Federico FelliniLo sceicco blanco1952I Vitelloni1953La Strada1954Il bidone1955Le notti di Cabiria1957La dolce Vita1960Otto e Mezzo1962Bocaccio ’701962Giulietta degli spiriti1966Extraordinary Stories1967Satyricon1969Los Clowns1970Fellini Roma1972Amarcord 1973Il Casanova de Federico Fellini1976Prova d’orquestra1978Raffaelo MatarazzoTreno Popolare1933Giorno di nozze1942Edgar George UlmerI Pirati di Capri1945Alberto LattuadaSenza pietà1948Anna1951Henry CassThe Glass Mountain1948Luigi ComenciniProibito rubare1948La Bella di Roma 1955Luigi ZampaÈ più facile che un cammello1950Terence YoungValley of eagles1952Henri VerneuilL’Ennemi public numéro un1953King VidorWar and Peace1956Mario MonicelliIl medico e lo stregone1957La grande guerra1959Luchino ViscontiLe notti bianche1957Roco e i suoi fratelli1960O Gatopardo1962René ClémentPlein soleil1959Antonio PietrangeliFantasmi a Roma1960Guy HamiltonThe best of Ennemies1961Franco ZefirelliThe Taming of the Shrew1967Romeo e Julieta1968Sergei BondarchukWaterloo1970Francis Ford CoppolaO Padriño1972O Padriño II1974John GuillerminDeath on the Nile1978

Outras obras musicais Ademais das obras ligadas ó cine, Nino Rota compuxo un número considerable doutras obras musicais. A súa primeira ópera data do 1925: Il príncipe porcaro (baseado nunha historia de Hans Christian Andersen). Posteriormente compuxo Ariodante (Parma, 1942), Torquemada (1943), Il capello di paglia di Firenze (1945) (baseado nunha obra de Eugène Labiche), I due timidi (1950), Lo scoiattolo in gamba (Venecia, 1959), La notte di un nevrastenico (La Scala, 1960), Aladino e la lampada mágica (Nápoles, 1968), La visita meravigliosa (Palermo, 1970) e Napoli milionaria (Spoleto, 1978).

Ademais tamén escribiu música coral, catro sinfonías, o Concerto-soirée para orquestra, un concerto para cordas (1965), un concerto para cuarteto de cordas, varias pezas de cámara para piano, oratorios e diversos ballets: Rappresentazione di Adamo ed Eva (Perugia, 1957), Balli, Le Molière imaginaire(1976) and Amor di poeta (1978).

Categoría:Compositores de Italia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Milán Categoría:Compositores de ópera