miniatura|Nomenclatura dos piares no automóbil, útil á hora de seguir as explicacións. A carrozaría ou carrocería dun automóbil é aquela parte do vehículo na que viaxan os pasaxeiros ou a carga. Nos vehículos autoportantes, a carrozaría suxeita ademais, os elementos mecánicos do vehículo.

Carrozarías segundo construción Chasis independente

Os vehículos todo terreo, camións e autobuses empregan unha carrozaría formada por dúas estruturas, o bastidor ou chasis e a carrozaría. A técnica de construción de chasis independente usa un chasis ríxido que soporta todo o peso, as forzas do motor e da transmisión. A carrozaría, nesta técnica, cumpre moi pouca ou ningunha función estrutural. p. 6 y 7 www.googlebooks.com.com Elementos amovibles de la carroceria. Carrocerías en todoterreno, camiones y autobuses - Consultado o 18 de xuño de 2014.

Esta técnica de construción era a única utilizada ata 1923,G. N. Georgano, Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990) p. 206 ano no que se lanzou o primeiro automóbil con estrutura monocasco, o Lancia Lambda. As carrozarías autoportantes, ao longo do século XX, foron substituíndo ao chasis independente. Actualmente só se constrúen con chasis independente algúns vehículos todo terreo, deportivos utilitarios, e a maioría das camionetas grandes e algunhas das camionetas lixeiras así como varios automóbiles americanos.

Os primeiros chasis independentes eran de madeira, herdando as técnicas de construción dos coches de cabalos. Nos anos 1930 substituíronse de forma xeneralizada por chasis de aceiro.

Existen chasis con bastidores de largueiros en forma de escaleira; dous traveseiros paralelos lonxitudinais cruzados por traveseiros transversais, con traveseiro en forma de X e de tubo central (Backbone frame - en).

thumb|Ford T, vehículo veterano con chasis independente. thumb|O Ford Crown Victoria, favorito entre os taxistas pola súa fortaleza e rixidez.

Nos Estados Unidos o chasis independente durou máis que noutros países, xa que o costume estadounidense do cambio anual de deseño era máis difícil con estruturas monocasco. Desde os anos 60 a maior parte dos automóbiles de pasaxeiros utilizaron a construción monocasco; só os camións, autobuses, todo terreo para uso rudo e automóbiles grandes seguen usando o chasis independente, aínda que cada vez máis se incorpora a estrutura autoportante.

O chasis independente segue sendo o preferido para os vehículos industriais, que han de transportar ou arrastrar cargas pesadas. De entre os automóbiles de gran serie que se fabricaron con chasis independente destacan o Ford Crown Vitoria, o Mercury Grand Marquis e o Lincoln Town Car. As vantaxes son a facilidade de reparación en caso de colisión (o que o fai ser preferido como vehículo policial) e de alargar para facer unha limusina.

Autoportante A carrozaría autoportante é unha técnica de construción na cal a chapa externa do vehículo soporta algunha (semimonocasco) ou toda a carga estrutural do vehículo.

O primeiro vehículo en incorporar esta técnica construtiva foi o Lancia Lambda, de 1923.

Os primeiros vehículos de gran serie en ter carrozaría autoportante foron o (en inglés) Chrysler Airflow e o Citroën Traction Avant.

O Volkswagen Escaravello de 1938 tiña unha carrozaría semimonocasco, xa que tiña chasis independente, pero este necesitaba tamén da carrozaría para soportar o peso do vehículo.

A segunda guerra mundial supuxo un alto no desenvolvemento automobilístico. Trala guerra, a carrozaría autoportante difundiuse.

O Morris Minor de 1948 foi un vehículo de posguerra que axiña adoptou a técnica.

O Ford Consul introduciu unha variante de carrozaría autoportante chamada unit body ou unibody, na cal os distintos paneis da carrozaría se aparafusaban a unha estrutura monocasco.

Outros vehículos (por exemplo o Chevrolet Camaro de 1967) utilizaron unha técnica mixta, na cal un semimonocasco combinábase cun chasis parcial (subchasis) que soportaba o motor, a ponte dianteira e a transmisión. Esta técnica trataba de combinar a rixidez e a resistencia da carrozaría autoportante coa facilidade de fabricación do vehículo con chasis independente; actualmente este sistema atópase nalgúns SUV das marcas xaponesas Toyota, Mitsubishi e Suzuki para obter maior rixidez torsional e ter á vez a vantaxe monocasco en SUV que requiran maior resistencia a malos tratos. Os inconvenientes eran desaxustes entre o chasis parcial e a carrozaría, solucionado agora con puntos de soldadura de nova xeración e adhesivos especiais.

Actualmente, case todos os automóbiles se constrúen coa técnica de monocasco, realizándose as unións entre as distintas pezas mediante soldadura de puntos. Nos vehículos modernos, ata os cristais forman parte da estrutura do vehículo, colaborando en darlle fortaleza e rixidez.

thumb|Lancia Lambda, primeiro vehículo con carrozaría autoportante. thumb|En 1960 Detroit tivo grandes innovacións na construción tipo autoportante, aquí o Chevrolet Corvair.

Tubular A carrozaría tubular ou superleggera ("superlixeira" en italiano), é un tipo de carrozaría utilizado en vehículos clásicos deportivos de mediados do século XX e polos grupos B dos anos 80. Foi creada polo carroceiro italiano Touring en 1937.

Esta técnica utiliza como estrutura do vehículo unha rede de finos tubos metálicos soldados, recuberta despois con láminas metálicas, frecuentemente de metais exóticos tales como aluminio ou magnesio.

Esta técnica consegue unha carrozaría de gran rixidez e resistencia con moi pouco peso. Por outra banda, a fabricación é moi cara e laboriosa.

A técnica aínda se utiliza en modelos deportivos feitos a man.

thumb|Estrutura tubular no habitáculo dun Ferrari 250 GTO de 1962.

Carrozarías segundo o número de volumes Monovolume

Un monovolume é unha carrozaría na que non se diferencia máis dun volume. A zona do motor, a cabina e o maleteiro están completamente integrados. Xeralmente, un monovolume é máis alto que un automóbil de turismo (1´60 a 1´80 metros contra 1´40 a 1´50 metros).

Os monovolumes grandes e algúns compactos (desde 4´40 metros en diante) teñen frecuentemente tres filas de asentos, mentres que os máis pequenos só teñen dúas filas.

thumb|Volkswagen Combi, monovolume clásico por excelencia.

Dous volumes Os deseños de dous volumes articulan un volume para o capó co motor e un volume que combina o compartimento de pasaxeiros e carga, por exemplo, o familiar ou o hatchback de tres ou cinco portas, e monovolumes como o Chrysler Voyager.

Tres volumes

Nun tres volumes ou tricorpo distínguense claramente os tres volumes: un volume para o capó co motor, outro volume para o habitáculo e un terceiro para o compartimento de carga.

Os sedáns son case sempre tricorpos, e numerosos cupés tamén os son. Algunhas raras excepcións a esta regra son o SEAT Toledo de primeira xeración e o Daihatsu Applause.

thumb|Mercedes-Benz tres volumes dos anos 60.

Carrozarías segundo a forma Os automóbiles teñen distintas formas de carrozaría. Algunhas destas formas están en produción, outras teñen un interese soamente histórico. Parte desas formas reciben o nome do deseño equivalente que tiñan os coches de cabalos antes de aparecer o automóbil.

Lístanse deseguido os estilos en uso e o seu significado actual.

Sedán

Sedán é un tipo de carrozaría típica dun automóbil de turismo; é un tres volumes no que a porta do maleteiro non inclúe ao vidro traseiro, polo que este está fixo e o maleteiro está separado da cabina. O maleteiro esténdese horizontalmente desde a parte inferior da lúa traseira algunhas decenas de centímetros cara atrás. A cantidade de portas é a das portas laterais, practicamente sempre dúas ou catro. Denomínanse "berlina", se se trata dun sedán de gran tamaño.

thumb|Ford Falcon sedán australiano.

Tres portas e cinco portas A porta traseira (terceira ou quinta porta, segundo o vehículo teña dous ou catro portas laterais), inclúe ao cristal traseiro e ábrese vertical ou case verticalmente para permitir o acceso á zona de carga. En inglés chámase a este vehículo "hatchback".

En países anglófonos diferénciase ademais o "liftback", que é un automóbil cunha quinta porta non vertical, senón inclinada suavemente.

Os automóbiles todo terreo, os monovolumes e as furgonetas tamén teñen normalmente unha porta traseira, no entanto, os termos "tres portas" e "cinco portas" adóitanse reservar para os turismos.

Familiar

Un familiar ou rancheira é un automóbil co teito elevado ata a porta traseira, que serve para acceder á plataforma de carga.

Os fabricantes adoitan utilizar os termos correspondentes noutros idiomas: "Break" en Francia, "Kombi", "Tourer" ou "Touring" en Alemaña e Suecia, "Station Wagon" en inglés norteamericano e "Estate" en inglés do Reino Unido.

Dado que os termos familiar e station wagon teñen, para certos compradores, certo estigma de designar a vehículos aburridos, algúns fabricantes crearon nomes alternativos, máis suxestivos e estimulantes, para as súas versións familiares. Cabe destacar que o Volvo 240 familiar saíu en innumerables películas en Hollywood, sendo unha estrela por si só.

thumb|Volvo 240 familiar.

Woodies Estes vehículos foron denominados "rubias" en España, dado que a madeira coa que se construían adoitaba ser de cor clara. Era normal que, ao falar nunha revista especializada española contemporánea de, digamos, un SEAT 1500 Familiar, chamábaselle "SEAT 1500 rubia", malia que non houbese madeira auténtica nin simulada neste vehículo. Outra denominación para esta carrozaría (e para o "Familiar") foi o de Rancheira.

A historia do woodie (de wood, "madeira" en inglés, e woodie, "feito de madeira") é unha historia de cambios tecnolóxicos e sociais.

Nos anos 1920, algúns carroceiros empezaron a adaptar chasis de sedáns para transportar vultos. Esta adaptación dáballes unha forma moi parecida ao que actualmente chamamos familiar ou station wagon. Dado que os coches daquela época tiñan o chasis independente da carrozaría, era posible facer cambios na carrozaría sen afectar á estrutura básica do vehículo, polo que os paneis de carrozaría modificados adoitaban ser de madeira, xa que este material facía posible unha transformación artesanal, dado que o estampar paneis metálicos require dun grande investimento inicial.

Naquela época o coche era aínda un artigo minoritario, e o método de transporte máis popular era o ferrocarril, xurdindo así para moitos hoteis o problema de que os seus clientes necesitaban transportar maletas e vultos desde a estación de ferrocarril ata o hotel. Os hoteis, consecuentemente, adquiriron frotas destes vehículos para transportar maletas de clientes dende a estación do tren ata o hotel. De aí o nome "Station Wagon".

Nos anos 1930 empezaron a aparecer woodies de luxo. Probablemente pola asociación mental do woodie co tempo de lecer e os hoteis de luxo que os empregaban. Lonxe da connotación utilitaria e comercial que o "Familiar" tivo en Europa, nos Estados Unidos o "Woodie" era moitas veces o tope de gama, un vehículo moi caro e cargado de extras, e un símbolo de status social.

Ata esta época, o woodie tivo os paneis de madeira ditados por necesidades técnicas.

Nos anos 1950 os vehículos para transporte de vultos xa eran vehículos de gran serie, e non conversións artesanais, polo que estaban construídos exclusivamente con chapa metálica. O woodie xa non tiña ningunha razón de ser, salvo o mantemento dunhas expectativas psicolóxicas do comprador sobre como "tiña" que ser un familiar de luxo. A madeira, aínda madeira auténtica, era xa un mero aplique sobre unha carrozaría metálica, encarecendo a fabricación e complicando o mantemento do vehículo.

Nos anos 1960 e 1970 o woodie era xa un mero exercicio de estilo, xa que a "madeira" en realidade consistía nuns paneis de falsa madeira adheridos á superficie da carrozaría.

Cupé