O oso panda ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.

Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.

O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo agatuñador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.

Unha clasificación controvertida Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.Ailuropodoidae en The Free Dictyonary. Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a maioría dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,Ailuropodinae en Paleobiology Database. mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

A situación taxonómica do oso panda a finais de 2021 Catro das máis serias bases de datos ás que temos acceso por Internet, MSW, GBIF, ITIS e BioLib, coinciden en que Ailuropoda melanoleuca é un úrsido e, dúas delas, confirma que, dentro dela, a especie constitúe unha subfamilia propia. Daquela, podemos formar este pequeno Taxobox:

Familia Ursidae Subfamilias Fischer, 1817 Ailuropodinae Grevé, 1894 Xénero Ailuropoda Milne-Edwards, 1870 Especie Ailuropoda melanoleuca (David, 1869) Subespecies A. m. melanoleuca (David, 1869) A. m. qinlingensis Wan, Wu & Fang, 2005 Tremarctinae Ursinae

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O panda xigante en WWF

Categoría:Úrsidos Categoría:Especies ameazadas Categoría:Animais descritos en 1869 Categoría:Símbolos da China Categoría:Mamíferos da China Categoría:Fauna endémica da China