Felisindo López Lorenzo, nado en Barrán (Piñor) en 1938 e finado no mesmo lugar o 26 de agosto de 2019,Adiós a Felisindo López, que fue presidente de la Hermandad de Venezuela foi un empresario e político galego, da comunidade que vive en Venezuela.

Traxectoria Profesionalmente foi dono dunha empresa de publicidade e artes gráficas. En 2001 accedeu á directiva da Irmandade Galega de Caracas, e en 2003 converteuse no seu presidente. En 2006 foi nomeado presidente provisional da xestora do Partido Popular de España en Venezuela, cargo que ocupou ata que en 2010 foi elixido presidente do partido no país caribeño.

Foi o fundador (2009) e presidente da Fundación para la Ayuda a la Ciudadanía Española en Venezuela, que realiza funcións asistenciais na comunidade galega e canariaLa Xunta da 120.000 euros a una fundación del líder del PP venezolano, El País, 20/5/2010. daquel país.

Notas

Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Piñor Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2019

Categoría:Personalidades sen imaxes