Xulio Díaz Sánchez, nado no Concello de Cesuras o 16 de abril de 1948 é un adestrador galego de fútbol.
Traxectoria Xulio Díaz acadou sona ao ser o adestrador do Club Deportivo Lugo na temporada 1991-92, cando o club da cidade amurallada conseguiu o ascenso á Segunda División de fútbol. Foi tamén o encargado de comezar a temporada seguinte, pero logo de trece xornadas foi substituído por Luis Rodríguez Vaz.
Adestrador tamén do Bergantiños FC e Pontevedra CF, volveu adestrar o CD Lugo ao longo de tres temporadas, entre 2000 e 2003, desta vez en Segunda División B, que precederon o descenso dos lugueses a Terceira División Española. En total, ao longo da súa carreira, Díaz adestrou o CD Lugo en 214 partidos de Liga, o técnico que o fixo máis veces en toda a historia do club albivermello"Julio Díaz y Nacho comentarán el partido para TVG2", artigo en El Progreso, 23 de xuño de 2011.. En marzo de 2007 fichou pola SD Negreira, en Terceira, onde comezou tamén a temporada 2007-08"Julián toma el relevo a Julio Díaz" , El Correo Gallego, 25 de marzo de 2008..
É profesor da escola de Adestradores de fútbol de Galicia.
Notas
Categoría:Adestradores do CD Lugo Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Oza Cesuras Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Adestradores do Bergantiños FC Categoría:Adestradores do SD Negreira