Caloris Planitia, (ou Cunca de Caloris) é un gran cráter de impacto do planeta Mercurio, duns 1.550 km de diámetro, o cal fai del un dos cráteres máis grandes do Sistema Solar. Caloris en latín significa calor, e o cráter recibiu este alcume por que o Sol apunta case directamente sobre a planitia cada dúas veces que Mercurio pasa polo seu perihelio. O cráter foi descuberto no ano 1974, e está rodeado por un sistema de aneis montañosos duns 2 km de altitude.

Aparencia miniatura|left|A primeira imaxe da sonda MESSENGER da parte de Mercurio que non fora vista pola sonda Mariner 10, imaxe tomada a unha distancia duns 27.000 km, a imaxe está recortada para realza-la zona de Caloris. É moi difícil discerni-lo bordo do cráter cando o Sol está directamente sobre o cráter, xa que non se xeran sombras.

A Caloris Planitia foi descuberta grazas ás imaxes feitas pola sonda Mariner 10 en 1974. O cráter foi localizado no terminador -a liña divisoria entre os hemisferios diúrno e nocturno no momento en que a sonda pasaba, así pois, a metade do cráter non puido ser fotografado. Máis tarde, o 15 de xaneiro de 2008, unha das primeiras fotos do planeta tomada pola sonda Messenger revelou o cráter na súa totalidade.

miniatura|left|Comparación entre o tamaño inicial estimado de Caloris Planitia (en amarelo) e a estimación baseada nas novas imaxes achegadas pola sonda MESSENGER (en azul). Ó cráter foi inicialmente estimado nun diámetro duns 1.300 km, aínda que esta estimación foi incrementada ata os 1.550 km, baseándose en fotos posteriores tomadas pola sonda MESSENGER. O cráter está rodeado por montañas de ata 2 km de alto. Dentro das paredes do cráter, o chan do cráter está cuberto por chairas de lava, de xeito semellante ó que ocorre cos Maria da Lúa. Fóra dos muros, o material expulsado polo impacto creou unha cunca que se estende máis de 1.000 km, con aneis concéntricos rodean o cráter.

miniatura|Pantheon Fossae, situada no interior de Caloris Planitia No centro da cunca existe unha rexión que contén numerosos sucos e fendas radiais que parecen ser fallas extensionais, cun cráter de 40 km situado preto do centro do patrón de fendas radiais. A causa exacta deste patrón de fendas e sucos, polo momento é descoñecida. O nome deste accidente xeolóxico é Pantheon Fossae.Mercury's First Fossae . MESSENGER. 05-05-2008. Consultado o 25-03-2013.

Formación Estimouse que o corpo do impacto debería ter coma mínimo 100 km de diámetro.

Os corpos do interior do sistema solar experimentaron un intenso bombardeo de grandes corpos rochosos durante máis ou menos os primeiros mil millóns de anos da vida do Sistema Solar. O impacto que creou Caloris Planitia debeu ocorrer moi ó final deste período, por que hai moi poucos cráteres no chan de Caloris que poidan ser comparados en tamaño cós cráteres de rexións limítrofes ó propio cráter. Pénsase que cuncas semellantes da Lúa coma Mare Imbrium e Mare Orientale, se formaron máis ou menos ó mesmo tempo, indicando posiblemente o fin do punto álxido dos grandes impactos durante o período de intenso bombardeo que tivo lugar durante os primeiros tempos do Sistema Solar. Baseándose nas fotografías tomadas pola sonda MESSENGER, a idade de Caloris foi estimada en 3.800-3.900 millóns de anos.

Terreos caóticos das antípodas e efectos globais do cráter Os terreos caóticos e accidentados das antípodas de Caloris Planitia|thumb Vista en primeiro plano das Terras Caóticas|thumb Pésase que este impacto xigante que formou Caloris puído ter consecuencias globais para o planeta. No punto exacto no que están os antípodas da cunca existe unha grande área de terreo montañoso, con fendas e escarpas, cuns poucos cráteres de impacto pequenos, esta área é coñecida coma Terras Caóticas (tamén se podería traducir coma Terras Rilleiras). Algúns expertos suxiren que esta área foi creada polas ondas sísmicas do impacto ó converxeren no lado oposto do planeta. Coma alternativa, tamén se suxeriu que estes terreos son a consecuencia da converxencia do material expulsado durante o impacto nas antípodas do cráter. Tamén se pensa que este impacto serviu coma detonante dunha actividade volcánica, que deu coma resultado a formación de suaves chairas. Ó redor de Caloris Planitia existen unha serie de formacións xeolóxicas que se pensa que foron producidas polo material expulsado tralo impacto, estas formacións reciben o nome colectivo de Grupo Caloris.

Emisións de gas Mercurio ten unha atmosfera moi tenue e temporal, que contén pequenas cantidades de hidróxeno e helio capturado do vento solar, así coma elementos máis pesados​​, coma o sodio e o potasio. Pénsase que estes últimos elementos son orixinarios do interior do planeta, sendo expulsados de debaixo da codia do planeta grazas ó impacto que formou Caloris. Descubriuse que a conca de Caloris é unha fonte significativa de sodio e de potasio, e as fracturas creadas polo impacto terían facilitado a liberación de gases do interior do planeta. As Terras Caóticas tamén serían unha fonte destes gases.

Notas

Categoría:Cráteres de Mercurio