Beethoven é un cráter situado na superficie do planeta Mercurio, concretamente nas coordenadas 20,92° S e 123,66° O. Ten un diámetro de 630,38 km e recibiu o seu nome en honra ó compositor alemán Ludwig van Beethoven. É o undécimo cráter de impacto máis grande do Sistema Solar e o terceiro maior de Mercurio.
Ó contrario doutros moitos cráteres de tamaño semellante que existen na Lúa, Beethoven non ten un sistema múltiple de aneis.Conferencia de Trask, N.J. (1976). "History of basin development on Mercury". Publicado no libro "Lunar Science Institute Contribution, Conference on Comparisons of Mercury and The Moon." Novembro 15-17, 1976. vol. 262, p. 36. Os restos dos depósitos de material expulsado polo cráter durante a formación do mesmo, aparecen apagados e en moitos lugares están moi pouco definidos. A beira do cráter de Beethoven está parcialmente borrado por eses mesmos restos de material e ademais por materiais procedentes das planicies que rodean o cráter, o que fai que Beethoven sexa pouco visible. O chan do cráter está tamén cuberto con materiais procedentes das planicies que rodean o cráter, polo cal o chan ten unha refractividade e unha cor semellantes ás chairas que rodean o cráter. Ó contrario do que sucede na cunca de Caloris, non aparecen fisuras, fendas nin grabens no interior de Beethoven.
Spudis e Prosser suxeriron que posiblemente Beethoven se formase ó final do período de formación dos cráteres tipo c3 ou a principios do período de formación dos cráteres do tipo c2, o cal significa que é máis vello cá Caloris Basin. A profundidade de Beethoven foi estimada en , a partir de modelos de elevación dixitalizados baseados na imaxes de Mercurio tomadas pola sonda Mariner 10. Esta profundidade é significativamente menor cá dos cráteres e cuncas lunares de tamaño semellante, o cal indicaría que probablemente a forma da cunca Beethoven se relaxara despois da súa formación. Tamén existe unha ampla elevación topográfica na marxe noroeste de Beethoven.
Notas
Categoría:Cráteres de Mercurio