Gerardo Gatell Valls, nado en Torredembarra (Tarragona) o 6 de setembro de 1940 e finado o 23 de maio de 1989, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Na tempada 1966–67 fichou polo Deportivo da Coruña, sendo un dos habituais da defensa, xunto con José Manuel Sertucha e José Domínguez. Nesa campaña participou en 21 partidos e o equipo galego descendeu a Segunda División.
Na tempada 1968–69 foi contratado polo Real Valladolid, en Segunda División. Na campaña 1969–70 o equipo descendeu a Terceira División. Nos dous anos en Valladolid participou en 34 partidos.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Torredembarra Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid