Marcelino Vaquero González del Río, coñecido como Marcelo Campanal ou Campanal II, nado en Xixón o 13 de febreiro de 1931 e finado en Avilés o 25 de maio de 2020, foi un futbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria Sobriño do histórico futbolista do Sevilla Guillermo Campanal, este levouno para a capital hispalense despois de que comezase a destacar na canteira do Avilés. Na tempada 1950/51 debutou co Sevilla na Primeira División, nun partido contra o Athletic Club, e xa non abandonou a titularidade durante a seguinte década. Co equipo andaluz disputou a Copa de Europa e a Recopa de Europa, e sumou un total de 403 partidos en 16 tempadas, ata converterse no futbolista con máis partidos na historia do club naquel momento. Marcou só tres goles, fronte a Espanyol, Deportivo da Coruña e Valencia.
Na tempada 1966/67 fichou polo Deportivo da Coruña, no que participou en 16 encontros e anotou un gol. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1967–68 permaneceu no club galego, campaña na que volveron a Primeira División como campións do Grupo I, participando en 22 partidos.
Na tempada 1968–69 xogou no Real Avilés, en Terceira División.
Palmarés Deportivo Segunda División (1): 1967–68
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España