Divinas palabras é unha película de cine dirixida por José Luis García Sánchez e rodada en Galicia. Está baseada na obra de teatro homónima de Valle-Inclán e foi estreada no ano 1987.
Trama A historia transcorre na Galicia de principios do século XX, onde dúas mulleres loitan pola custodia do seu sobriño, que padece hidrocefalia. Dita circunstancia fai que o exhiban polas feiras para sacarlle proveito económico.
Personaxes
Ana Belén como Mari Gaila. Francisco Rabal como Pedro Gailo. Imanol Arias como Sétimo Miau. Esperanza Roy como Rosa a Tatula. Aurora Bautista como Marica do Reino. Juan Echanove como Migueliño. Rebeca Tébar como Simoniña. Nicolás Dueñas como Conde Polaco. Víctor Rubio. Francisco Merino. Tito García. Ofelia Angélica. Ernesto Chao. Nicolás Dueñas. Dorotea Bárcena. Luis Ciges. Eduardo Puceiro.
Rosa Álvarez. Antonio Gamero. Pedro Reyes. Clara Heyman. Xosé Luís Bernal. María Elena Flores. Antonio Passy. Marisa Soto. Alberto Tomé. Manuel Santamaría. Ánxela García. María Jesús Hoyos. Concha Goyanes. Abel Vitón. Luisa Veira. Diego Varela. Monti Castiñeiras.
María Teresa Castro. María Barcala. César Somoza. Jorge Ricoy. Manolo Huete. Susana Dans. Xepe Casanova. Nacho Castaño. Cristina Castaño. Montserrat Amigo. Quico Cadaval. Xavier R. Lourido. Abelardo Estévez. Severino Carballal. Juan Manuel Abreu. Mariví Muela.
Galardóns e nomeamentos II edición dos Premios Goya: Premio ao mellor actor secundario para Juan Echanove. Premio á mellor fotografía para Fernando Arribas. Premio á mellor montaxe para Pablo González del Amo. Premio ao mellor son para Miguel Ángel Polo e Enrique Molinero. Nomeamento á mellor película. Nomeamento á mellor música orixinal para o grupo musical Milladoiro.
Produción A rodaxe realizouse integramente en Galicia: na parroquia de San Vicente do Grove, no Grove; nas parroquia da Gándara e Calvente, de Oroso; na parroquia do Cebreiro, do Pino, en San Fins de Sales, en Vedra; na Ermida da Nosa Señora da Lanzada, en Sanxenxo; en Padrón e na Illa de Arousa.
A música foi interpretada polo grupo Milladoiro.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb . Ficha en Filmaffinity .
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por José Luis García Sánchez Categoría:Filmes ambientados en Galicia