Andrés Vázquez Martínez, nado en Burgás (Xermade) cara a 1883 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1947, foi un comerciante e político republicano galego.
Traxectoria Comerciante en Vilalba. Pertenceu á directiva de La Unión Comercial Villalbesa. Durante a Segunda República foi concelleiro de elección popular como republicano federal e elixido primeiro tenente-alcalde de Vilalba.El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10. Logo da inhabilitación do alcalde Jesús Ramil Cillero a finais de 1931, actuou como alcalde interinamente dende o 2 de xaneiro de 1932,O hospital asilo de Vilalba (36) cesando cando Jesús Ramil foi reposto en 1933. Integrouse en Izquierda Republicana sendo vogal da Agrupación municipal (1934).Izquierda Republicana. Galicia Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 emigrou a Cuba en decembro de 1936. Foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas.BOE, 21-8-1940, p. 3873. Finou en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1947.Necrolóxica en El Progreso, 3-1-1947, p. 2.
Vida persoal
Casou con Antonia Peña Prieto e foi pai de Delia e Manuel Vázquez Peña. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Concelleiros de Vilalba Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1883
Categoría:Finados en 1947 Categoría:Alcaldes de Vilalba