Thiés (pronunciado: chess en lingua noon) é a terceira maior cidade do Senegal cunha poboación estimada oficialmente de 320.000 en 2005. Está a 60 quilómetros ó leste da capital, Dakar. É a capital da rexión do mesmo nome e un gran centro industrial.
Historia Antes colonización, a meseta de Thiès era unha fronteira boscosa entre os reinos de Cayor e Baol habitada polos Serer-noon, un subgrupo étnico dos serer. Os serer-noon aínda habitan hoxe a veciñanza de Thiès-Noon no sueste da cidade. Falan a lingua noon, unha das linguas cangin.
A meseta adquiriu importancia estratéxica cando os franceses adoptaron unha política colonial expansionista. Un posto militar foi creado en 1864 e os militares marcado dende entón o desenvolvemento da cidade, abeirando unha base militar importante.
Cidades irmandadas Caen, Francia Sousse, Tunisia Solingen, Alemaña
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades do Senegal