miniatura|dereita|Terapon jarbua Os terapóntidos ( Terapontidae; tamén recollido como Teraponidae, Theraponidae ou Therapontidae ) son unha familia de peixes perciformes pertencentes á suborde Percoidei.

O nome procede do grego tera, -atos: monstruoso, estraño; e pontios, mariño.

Morfoloxía Son de corpo alargado, lixeiramente comprimido lateralmente. Alcanza tamaños de ata 80 cm. No opérculo presentan dúas espiñas; preopérculo serrado.

A aleta dorsal está dividida nunha primeira parte de 11-13 raios espiñosos e unha segunda con 9-11 raios brandos; a parte espiñosa é depresible nunha bolsa basal. Na aleta anal, 3 raios espiñosos seguidos de 7-10 raios brandos. As aletas pelvianas insírense por detrás da base das pectorais e posúen unha espiña e 5 raios brandos. A caudal é redondeada ou truncada.

A liña lateral, continua e sen interrupcións, segue o perfil dorsal ata alcanzas a aleta caudal.

Hábitat e bioloxía Inclúe especies mariñas pero tamén de augas salobres e de auga doce, distribuídas polos mares do Indo-Pacífico.

Aliméntase de peixes, algas e pequenos invertebrados.

Taxonomía Segundo WORMS divídese nos seguintes xéneros: Amniataba Bidyanus Hannia Helotes Hephaestus Lagusia Leiopotherapon Mesopristes Pelates Pelsartia Pingalla Rhynchopelates Scortum Syncomistes Terapon Variichthys

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en FishBase

Categoría:Percoideos