A Asociación de Técnicos de Informática (ATI) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a profesionais e estudantes do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). O seu ámbito é España, e nel a súa implantación está desenvolvida a través dos seus Capítulos Territoriais, entre eles o de Galicia. Fundada en 1967ATI y la Historia de la Informática. Periodo inicial (Visitada o 22-6-2015), é a asociación profesional española máis antiga adicada á informática, con sedes en Barcelona (sede xeral) e Madrid.

ATI publica en español a revista Novática, decana da prensa informática española, así como Revista Española de Innovación, Calidad e Ingeniería del Software. Dende 2000 a 2011 publica tamén a revista dixital en inglés UPGRADE: The European Journal for the Informatics Professional, por delegación doConsello de Sociedades Informáticas Profesionais Europeas (CEPIS).

ATI ten dezaseis grupos de traballoGrupos de trabajo e interés (Visitada o 22-6-2015) cubrindo diversas áreas do sector das TIC e participa, como entidade organizadora ou colaboradora, en eventos do sector.

ATI é a representante da profesión informática española na Federación Internacional para o Procesado da Información (IFIP)IFIP - Members * (Visitada o 22-6-2015) e CEPIS, organización da que é membro fundador. Tamén conta cun acordo de colaboración coa Asociación para a Maquinaria de Cómputo (ACM)Discounted Membership Dues for Joint Society Members — Association for Computing Machinery (Visitada o 22-6-2015).

A nivel estatal estableceu acordos de colaboración ou vinculación con Ada Spain, ASTIC, Hispalinux, AI2 e a Asociación Nacional de Estudantes de Enxeñerías e Enxeñerías Técnicas en Informática (RITSI).

ATI expresa a súa posición sobre diversos temas (Software libre, estudos universitarios de Informática, Canon por copia privada, etc.) a través de comunicados, notas de prensa e editoriais da revista Novática.

En 2017 a Axencia Española de Protección de Datos impón a ATI dúas multas, unha de 45.000 € (infracción moi grave) por transmitir datos de carácter persoal fora do territorio do Espazo Económico Europeo, e outra de 5.000 € (infracción leve), por remitir correos electrónicos a través do servizo MailChimp de The Rocket Science Group LLC vulnerando o dereito dos destinatarios. Os recursos de ATI contra das sancións son desestimados sucesivamente pola Audiencia NacionalAudiencia Nacional. Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira. Recurso contencioso-administrativo 0000302/2017, Sentenza do 30 de novembro de 2018. Roj: SAN 4700/2018 - ECLI: ES:AN:2018:4700. Consultada o 18-11-2019. e o Tribunal Supremo de EspañaTribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira. Recurso de queixa 103/2019, Auto do 26 de abril de 2019. Roj: ATS 4564/2019 - ECLI: ES:TS:2019:4564A. Consultado o 18-11-2019..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de ATI Qué é ATI Bitácora de ATI Galicia CEPIS UPGRADE: The European Journal for the Informatics Professional Celebracións TIC Internacionais, un Calendario de Google mantido por ATI

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións informáticas Categoría:Asociacións de España Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes