Friedenstag (en galego Día de paz) é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss, o seu Op. 81 e libreto en alemán de Joseph Gregor. Tivo a súa estrea no Nationaltheater de Múnic o 24 de xullo de 1938.

Historia Strauss confiara en traballar novamente con Stefan Zweig nun novo proxecto logo da súa colaboración en Die schweigsame Frau, mais as autoridades nazis acosaran ao compositor pola súa colaboración Zweig, quen era de ascendencia xudía. Mentres que a idea para a historia procedía de Zweig, el suxeriu daquela a Gregor como colaborador "seguro" para que escribise o libreto.Roger Pines, "Friedenstag. Richard Strauss" (crítica da gravación). The Opera Quarterly, 9(3), 183-186 (1993). A influencia de Zweig na obra a pesar de todo persistiu na súa "forma e substancia dramática".Williamson, John: "Review of "Friedenstag and Daphne: An Interpretative Study of the Literary and Dramatic Sources of Two Operas by Richard Strauss", por Kenneth Birkin, Music & Letters, vol. 72, n.º 3, páxs. 493–494, agosto de 1991.}

A ópera estreouse no Nationaltheater de Múnic o 24 de xullo de 1938Franz Trenner, "Richard Strauss and Munich". Tempo (New Ser.), 69, 5-14 (1964). e foi adicada a Viorica Ursuleac e ao seu home Clemens Krauss, o personaxe principal e o director respectivamente. Strauss pretendía que Friedenstag fose parte dun programa dobre para que Karl Böhm a dirixise en Dresden, incluída como segunda parte a súa seguinte colaboración con Gregor, Dapnne.Roger Pines, "Friedenstag. Richard Strauss" (crítica del CD). The Opera Quarterly, 15(3), 565-568 (1999).

En Alemaña, Friedenstag reviviu en Múnic en 1960 e en Dresden en 1995. Pamela Potter realizou un estudo analítico do subtexto pacifista e antibelicista da ópera.Pamela M. Potter, "Strauss's Friedenstag: A Pacifist Attempt at Political Resistance", The Musical Quarterly, LXIX(3), 408-424 (1983). A ópera estreouse nos Estados Unidos baixo a dirección de Walter Ducloux na Universidade do Sur de California en 1967. A primeira produción profesional nos Estados Unidos foi na Santa Fe Opera o 28 de xullo de 1988 cun elenco que incluíu a presenza de Richard Lewis, Alessandra Marc, e Mark Lundberg.

A ópera tematicamente expresa sentimentos antibélicos, que John William describiu como "un determinado contrapeso ás políticas militaristas da Alemaña nazi".William Mann, "Richard Strauss's Friedenstag". Musical Times, 112(1539), 438-439 (1971). Isto fixo que se gardase a obra tralo inicio da segunda guerra mundial.

Esta ópera rara vez represéntase na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrena, 24 de xullo de 1938Director: Clemens KraussComandante da cidade asediada.barítonoHans HotterMaria, súa dona.sopranoViorica UrsuleacUn sarxento.baixoGeorg HannUn cabo.tenorJulius PatzakUn soldado raso.tenorGeorg WieterUn mosqueteiro.baixoKarl SchmidtUn corneta.baixoWilli MerkertUn oficial.barítonoEmil GrafUn oficial na liña do fronte.barítonoJosef KnappUn piamontés.tenorPeter AndersO Holsteiner, comandante do exército asediador.baixoLudwig WeberO burgomestre.tenorKarl OstertagO bispo.barítonoTheo ReuterUnha muller da vila.sopranoElse SchürhoffSoldados da gornición e do exército asediador, anciáns da cidade e mulleres da delegación para o comandante, cidadáns.

Argumento Data: 24 de outubro de 1648, o derradeiro día da guerra dos Trinta Anos. Lugar: A cidadela dunha cidade católica sitiada en Alemaña polas tropas protestantes de Holstein.

O sarxento da garda recibe a nova en privado de que o inimigo prendeulle lume a unha granxa. Un rapaz mensaxeiro italiano de Piedmont chega coa carta do Emperador para o comandante da cidade, e canta á súa patria. O oficial de munición, un mosqueteiro e outros soldados mófanse comentando a xuventude dun que non coñeceu a guerra, do mesmo xeito que eles nunca coñeceron a paz. Entón os soldados escoitan sons afastados, pensando ao principio que se trata do inimigo, mais logo se decatan de que é a xente da cidade que se aproxima á fortaleza, o comandante aparece para dirixir a multitude. O alcalde e un prelado rogan render a cidade, alegando que tanto o seu bando como o inimigo están sufrindo innecesariamente. O comandante, porén, só quere unha vitoria total. Un oficial da fronte aparece e informa o comandante de que a cidade caerá a menos que se empregue a munición da fortaleza. O comandante négase a empregar a munición durante o combate.

O comandante le a carta do Emperador á xente da cidade. O Emperador declarou que a cidade debe resistir e non renderse. A xente protesta enerxicamente e os 30 anos de guerra continúan. O comandante vese sacudido pola reacción e ordena a multitude que se disperse e agarde un novo sinal seu. Logo el ordena aos seus soldados que recollan a pólvora que hai na fortaleza e lle dean un fusil. O comandante lembra como o sarxento lle salvou a vida na batalla de Magdeburgo, e agora lle ofrece a posibilidade de saír da fortaleza, aínda que o sarxento non acepta. Após dar as grazas ao mensaxeiro italiano, o comandante ordénalle ás súas tropas que se poñan a traballar.

Maria, a muller do comandante, entra na cidadela, e escoita os comentarios da multitude sobre o seu home. Entra o seu home, dicindo que ela desobedeceu a súa orde de non entrar na cidadela. As súas voces contrastan no seu dúo, ela triste pola guerra, el exultante nela e dicindo como vai voar a fortaleza cos seus ocupantes dentro. Aínda así, o comandante ofrécelle a posibilidade de fuxir, pola súa seguridade. Maria comprométese a seguir ao carón do seu home.

Soa o ruído dun canón, un sinal aparente do ataque do inimigo. O sarxento entrégalle ao comandante o fusil, mais el non o empregará, preferindo combater. O seguinte son, no entanto, é de campás afastadas, e outros sons das campás da cidade súmanselles. O sarxento logo informa de que as tropas de Holstein se aproximan, pero non para atacaren, senón adornadas con serpentinas, flores e bandeiras brancas. O comandante pensa que é unha artimaña. O alcalde e o prelado, con todo, están encantados de ver esta procesión, confundíndoa co sinal que lles prometera o comandante.

O comandante Holstein entra entón para buscar o comandante, e cóntalle a nova de que a Guerra dos Trinta Anos rematou ese mesmo día coa sinatura dun armisticio. O comandante é duro no seu recoñecemento ao comandante Holstein, e insúltao ata o punto de que emprega a súa espada. O comandante Holstein acada a súa propia espada, mais non a usa. Maria entón lánzase entre os dous comandantes pedindo paz entre eles. De repente, os dous abrázanse. A ópera conclúe cun coro de reconcliación.

Orquestración A partitura de Strauss require da utilización de:

3 frautas (III tamén piccolo), 2 óboes, corno inglés, 3 clarinetes, clarinete baixo, 3 fagots, contrafagot 6 trompas, 4 trompetas, 4 trombóns, tuba Timbais, bombo, tam-tam, tambor, platillos, ferriños, pandeireta 16 violíns primeiros, 16 violíns segundos, 12 violas, 10 violonchelos, 8 contrabaixos

En escena: Órgano, campá, trompeta

Gravacións AnoElenco(Kommandant,Maria,Wachtmeister,Konstabel) Director,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Friedenstag en operadis-opera-discography.org.uk1939Hans Hotter,Viorica Ursuleac,Herbert Alsen,Hermann WiedemannClemens Krauss,Orquestra e coro da Wiener Staatsoper(Gravado nunha representación na Wiener Staatsoper, 10 de xuño) CD de son: Koch-SchwannCat: 3-1465-2 1988Bernd Weikl,Sabine Hass,Jaako Ryhänen,Jan-Hendrik RooteringWolfgang Sawallisch,Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks, coro da Bayerische Staatsoper e Coro da Radio de BavieraCD de son: EMI Cat: CDC 5 56850-2 1989Roger Roloff,Alessandra Marc,William Wilderman,Max Wittges Robert Bass,Collegiate Chorale e Orchestra; New York City Gay Men's Chorus(Gravado nunha versión de concerto no Carnegie Hall,19 de novembro)CD de son: Koch International ClassicsCat: 37111-21999Albert Dohmen,Deborah Voigt,Alfred Reiter,Tom MartinsenGiuseppe Sinopoli,Orquestra e coro da Dresden StaatskapelleCD de son: DG Cat: 463 494-2

Notas

Véxase tamén

Bibliografía «Giorno della pace, Il (Friedenstag)». En: Harold Rosenthal e John Warrack (eds), Dizionario dell'opera lirica, Firenze: Vallecchi, 1974, Vol. I, p. 310 Friedenstag (Giorno di pace). En: Piero Gelli e Filippo Poletti (a cura di), Dizionario dell'opera 2008, Milano: DBaldini & Castoldi, 2007. pp. 530–532, 88-8089-177-4, ISBN 978-88-8089-177-2 Pamela M. Potter, «Strauss's Friedenstag: A Pacifist Attempt at Political Resistance», The Musical Quarterly, LXIX(3), 408-424, 1983 (pdf)

Ligazóns externas Libreto Discografía en Operadis Amadeus Almanac

Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas estreadas en Múnic Categoría:Óperas de 1938