Tom Palumbo, nado en Molfetta en 1921 e finado en Estados Unidos en outubro de 2008, foi un fotógrafo de moda italiano e director de teatro.

Traxectoria Traballou para Vogue e Harper´s Bazaar, así como en publicidade tanto gráfica como para televisión. Ensinou fotografía na Escola de Deseño de Rhode Island e dirección na Escola de Artes Visuais de Nova York. Na súa faceta teatral, dirixiu obras no circuíto alternativo a Broadway, e foi membro toda a vida do Actors Studio.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Fotógrafos de Italia Categoría:Fotógrafos de moda Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados na provincia de Bari Categoría:Personalidades sen imaxes