Erfurt é unha cidade alemá capital do estado de Turinxia.
Historia thumb|left|A Catedral de Erfurt (Mariendom ou "Cúpula de María") e a Igrexa de San Severino (Severikirche)
Prehistoria Na prehistoria a zona estivo poboada por seres humanos, constatándose poboacións que viviron nos arredores de Erfurt hai uns 100.000 anos.
Orixe medieval A cidade mencionouse por primeira vez por escrito en 742, nunha carta ao Papa San Bonifacio. San Bonifacio estableceu o cristianismo na zona. Levantouse unha igrexa nese ano, e a Catedral de Erfurt foi construída tempo despois no mesmo lugar.Heinemeyer, Karl (2004) Bonifatius: Heidenopfer, Christuskreuz, Eichenkult. Erfurt: StadtverwaltungChristoph Engels, (2010) '1000 Sacred Places', Tandem Verlag GmbH, p 55
A cidade está no centro de Alemaña. Estaba na Vía Regia, unha rede viaria comercial medieval que se estendía por Europa. Converteuse nun importante centro comercial na Idade Media. Erfurt era membro da Liga Hanseática, unha alianza de asociacións comerciais e cidades mercantís. A cidade era famosa por producir herba pastel (Isatis tinctoria) para fabricar pigmentos para pintar, de cor índigo, que se utiliza tamén para facer unha tintura azul para a roupa.Raßloff, Steffen (2012) Geschichte der Stadt Erfurt. Erfurt: Sutton Verlag.Stade, Heinz, et. al (2015) Erfurt: eine Stadt im Wandel, Leipzig: Edition Leipzig.
Camiño de Santiago Erfurt está no camiño dos peregrinos do Camiño de Santiago (en alemán:Jakobsweg). Na Idade Media establecéronse na cidade uns sete mosteiros.
Martiño Lutero, o pai da Reforma Protestante, filósofo e teólogo, viviu no Mosteiro Orde Dominicana de aproximadamente 1275 a 1311.
A cidade formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Séculos XIX a XXI Pasou a formar parte do Reino de Prusia en 1802. De 1949 a 1990, Erfurt formou parte da República Democrática Alemá (Alemaña do Leste). Após a reunificación de 1990 volveu ser a capital do estado de Turinxia.
Universidade A Universidade de Erfort foi unha das seis primeiras establecidas no ámbito xermánico, xunto á Universidade Carolina de Praga, a Universidade de Viena, a Universidade de Heidelberg, a Universidade de Colonia e a Universidade de Würzburg.
Poboación Segundo o censo correspondente ao ano 2011 ten 206.384 habitantes, sendo unha das cidades máis poboadas de Turinxia, con Weimar, Eisenach e Xena; porén, ningunha das catro está entre as 20 máis poboadas de Alemaña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de distritos urbanos alemáns
Categoría:Cidades de Turinxia