O choquiño bicudo (Sepia orbignyana, Férussac 1826; antes Sepia rubens) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae, da orde Sepiida.

Morfoloxía Semellante a unha xiba común, pero de menor tamaño, con talles de ata 10–12 cm Segundo WORMS, 96 mm os machos e 120 mm as femias.. O bordo superior do manto prolóngase en ángulo agudo sobre a cabeza. Posúe catro filas de ventosas nos tentáculos pero na base organízanse en dúas en forma de zigzag.

A cuncha presenta unha grande espiña apical que sobresae do extremo posterior do manto, entre as aletas.

Hábitat e distribución Distribúese polo mar Mediterráneo e océano Atlántico. O espécime tipo foi capturado na costa francesa do golfo de Biscaia, e está depositado no Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París.

Vive sobre fondos de area ou lama, a profundidades comprendidas entre os 80 e os 250 metros, sen achegarse nunca á costa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Cefalópodos