Juan Baliño Ledo, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1999,Faro de Vigo, 29-10-1999, p. 12, 13. foi un avogado galego.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Secretario Xeral do Concello de Vigo, e durante a guerra civil española Secretario da comisión xestora municipal, presidida polo Comisario de Guerra José Giménez García. Posteriormente tamén foi xerente do Faro de Vigo.

En 1923 foi xunto a Manuel de Castro Handicap e Pepe Bar un dos máximos valedores da fusión do Real Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo, que deu pé ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. Ocupouse da parte xurídica da fusión e formou parte da comisión creada para dar forma ao novo club e elaborar os seus estatutos. Súa é a proposta de Celta de Vigo como nome e as cores do seu equipamento. Foi un dos primeiros directivos do club. Anos despois foi presidente da Federación Galega de Fútbol e da de Atletismo.

Vida persoal

Casou en 1931 con María Luisa Díaz Iglesias. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Historiadoceltadevigo.net Planetacelta.webcindario.com

Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Celta de Vigo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo