Intermezzo (Op. 72) é unha ópera en 2 actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor, descrita como Bürgerliche Komödie mit sinfonischen Zwischenspielen (comedia burguesa con interludios sinfónicos). A súa estrea tivo lugar o 4 de novembro de 1924 na Semperoper de Dresden baixo a dirección de Fritz Busch.
Traxectoria A ópera estreouse o 4 de novembro de 1924 na Semperoper de Dresden baixo a batuta de Fritz Busch, cun decorado que reproducía a casa de Strauss en Garmisch-Partenkirchen. A súa primeira representación en Viena realizouse en xaneiro de 1927, mentres que a primeira produción profesional nos Estados Unidos non se realizou ata 1984, cando foi representada nunha tradución ao inglés na Santa Fe Opera.Bernard Holland, "Strauss' Intermezzo at Santa Fe Opera". The New York Times, 6 August 1984
A historia describe de xeito ficticio ao propio Strauss (baixo o nome "Robert Storch") e a súa dona Pauline de Ahna (como "Christine"),Griffel, Margaret Ross, Review of Norman Del Mar's Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Works. Volume 2: Notes (2nd ser.), 27(4), pp. 726-726 (1971) e baséase nun incidente da súa vida matrimonial. A temperamental Pauline non coñecía o argumento da ópera ata que asistiu á primeira representación. Cando Lotte Lehmann, a célebre soprano que a estreou, felicitou a Pauline polo marabilloso agasallo que lle fixera o seu home, esta respondeu que lle daba igual.Norman Del Mar, Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Work, Volume 2. Cornell University Press (Ithaca, New York; 1986), p. 262. A música máis coñecida desta ópera corresponde aos interludios orquestrais entre escenas.
Hugo von Hofmannsthal, o seu libretista daquela época, negouse a traballar na ópera e suxeriulle a Strauss que escribise el mesmo o libreto; tralo rexeitamento de varios escritores, que encontraban delicado escribir unha historia baseada nun conflito real da parella, o compositor acabou por redactalo. Por esta razón, o libreto está en prosa en lugar de en verso e emprega variantes dialectais nalgúns personaxes.
O título da ópera fai referencia aos Intermezzi, representacións cómicas breves que se intercalaban nos descansos da ópera seria durante o século XVIII e que adoitaban tratar conflitos matrimoniais ou enredos lixeiros.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só dúas representacións no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 4 de novembro de 1924(Director: Fritz Busch)Christine StorchsopranoLotte LehmannRobert Storch, seu home, un director de orquestrabarítonoJoseph CorreckAnna, súa criadasopranoLiesel v. SchuchFranzl, seu fillo de 18 anospapel faladoBarón LummertenorTheo StrackO notariobarítonoRobert BüsselSúa mullersopranoElfriede HaberkornStroh, outro director de orquestratenorHanns LangeUn conselleiro comercialbarítonoLudwig ErmoldUn conselleiro legalbarítonoAdolph SchoepflinUn cantantebaixoWilly BaderFanny, a cociñeira de Storchpapel faladoAnna BolzeMarie e Therese, criadaspapeis faladosErna FreseResi, unha rapaza novasoprano
Argumento Lugar: Viena e Grundlsee durante o inverno de 1920.
O director de orquestra Robert Storch está a piques de dirixir un concerto unha noite. Christine, a súa dona, séntese pouco apreciada e non lle gusta o feito de que o traballo do seu home o manteña arredado dela todas as tardes. Christine vai a un centro turístico de inverno onde coñece ao Barón Lummer, co que flirtea. O Barón Lummer resulta ser un nobre sen recursos en busca dun empréstito. Nese momento, Christine recibe unha carta aparentemente dirixida ao seu home, e ábrea, descubrindo que é unha carta de amor que lle enviou unha moza, Mitzi Meyer. Christine está furiosa e decide divorciarse de Storch.
Robert e os seus amigos, incluíndo o director Stroh, xogan as cartas unha tarde e falan da personalidade voluble de Christine. Christine envía unha carta a Robert para dicirlle que o abandona. Ela visita a un notario para conseguir o divorcio. No entanto, o notario sospeita que a verdadeira motivación é a súa relación co Barón Lummer. Stroh e Storch finalmente descobren que Mitzi Meyer confundira os seus nomes e que en realidade a carta ía dirixida a Stroh. Christine é informada da confusión e ela e Storch reconcílianse.
Orquestración A partitura de Strauss require da utilización de:
2 frautas (II. tamén piccolo), 2 óboes (II. tamén corno inglés), 2 clarinetes (II. tamén clarinete baixo), 2 fagots 3 trompas, 2 trompetas, 2 trombóns, tuba Timbais, bombo, tambor, pratos, ferriños Arpa, piano, harmonio Archi (12.12.8.6.4)
Gravacións AnoElenco:Christine Storch,Robert Storch,Anna,Baron LummerDirector,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Intermezzo en operadis-opera-discography.org.uk1963 Hanny Steffek,Hermann Prey,Gertrud Freedman,Ferry Gruber Joseph Keilberth,Orquestra e Coro da Bayerische StaatsoperVHS Video Casete: Lyric Distribution (Legato)Cat: 1818;DVD Video: Legato ClassicsBeth Hart, Reviews of video releases of Intermezzo. The Opera Quarterly, 15(3), pp. 608-612 (1999)1980 Lucia Popp,Dietrich Fischer-Dieskau,Gabriele Fuchs,Adolf Dallapozza Wolfgang Sawallisch,Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks CD de son: EMI ClassicsCat: 7 49337-21983Felicity Lott,John Pringle,Elizabeth Gale,Ian Caley Gustav Kuhn,London Philharmonic OrchestraVHS / DVD? Video: KulturCat: CVI 2024
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Del Mar, Norman, Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Work, Vol. 2. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, 1986) Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
Ligazóns externas Intermezzo na New York City Opera - 2010, New York Times
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1924 Categoría:Óperas estreadas en Dresde