José Antonio Tejedor Sanz, nado en Pedrajas de San Esteban (Valladolid) o 2 de novembro de 1943 e finado en Nava del Rey o 2 de xuño de 2025, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Debutou en Primeira División na tempada 1967–68 co Real Zaragoza, onde estivo tres campañas. No seu primeiro exercizo, participou en 6 partidos e anotou 3 goles. Na tempada 1968–69 participou en 10 partidos e anotou 2 goles. Na campaña 1969–70 participou en 14 partidos, anotando un gol.

Na tempada 1970–71 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Ese ano, Tejedor participou en 13 partidos e anotou 2 goles, e o equipo ascendeu a Primeira División. Na tempada 1971–72, xogou tan só 2 partidos, sen anotar ningún gol. Na campaña 1972–73, xogou 5 partidos sen anotar ningún gol, descendendo o equipo a Segunda División.

Na tempada 1973–74 fichou polo Real Valladolid, en Segunda División. Ese ano participou en 17 partidos, sen lograr ningún gol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados na provincia de Valladolid Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid