Tanganica, Tanganika ou Tangañika (en inglés e suahili Tanganyka) foi un estado soberano da África oriental, que levaba o nome do lago Tanganica, que conformaba a súa fronteira occidental. Tamén tiña fronteiras cos Grandes Lagos Africanos, á parte do de Tanganica, co de Vitoria e o Niassa, como tamén co océano Índico. Corresponde talmente coa zona continental da actual Tanzania.

Existiu entre 1961 e 1964. Primeiro independizouse do Reino Unido o 9 de decembro de 1961 como reino da Commonwealth de Nacións antes de converterse nunha república da Commonwealth de Nacións un ano despois. Tras asinar os Artigos da Unión o 22 de abril de 1964 e a Acta da Unión o 25 de abril, Tanganica uniuse oficialmente coa República Popular de Zanzíbar e Pemba para formar a República Unida de Tanganica e Zanzibar no Día da Unión, o 26 abril de 1964. O novo estado poñeríase o nome de República Unida de Tanzania pouco despois.

Historia

Anteriormente fora colonia alemá. A colonia de África Oriental Alemá foi adxudicada aos británicos coa firma do Tratado de Versalles trala Primeira Guerra Mundial, xa que non foi conquistada a Alemaña. O nome apareceu como Territorio baixo mandato das Tanganyika trala resolución da Sociedade de Nacións en 1922.

En 1946 converteuse nun territorio baixo fideicomiso de Nacións Unidas, tamén baixo control británico, e o 9 de decembro de 1961 accedeu á independencia. En 1964, uniuse coa illa de Zanzíbar para formar Tanzania (Tan fai referencia a Tanganyka, e zan a Zanzíbar).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Tanzania Categoría:Estados desaparecidos de África Categoría:Repúblicas desaparecidas