Juan Maraver González, nado en Sevilla o 28 de abril de 1960, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de defensa. É fillo do tamén defensa sevillano Juan Maraver López.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC, debutando co primeiro equipo en 1979. En busca de minutos ficha polo Recreativo de Huelva na tempada 1982/83.

Tras tres tempadas no equipo andaluz ficha polo Celta de Vigo, en Primeira División aínda que esa mesma tempada perdería a categoría. O curso seguinte o Celta consegue volver ascender, sendo Maraver un dos xogadores máis utilizados na tempada máis longa da Segunda División.

Co regreso do equipo a Primeira perdería peso no once titular, disputando so 10 encontros, esta sería o último ano en Vigo, volvendo a Huelva.

Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1960 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades sen imaxes