Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Historia Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago de Compostela e o asasinato impune, por parte dun policía de paisano, do estudante de Outes José María Fuentes o 4 de decembro de 1972.

Encargóuselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, a tarefa de artellar unha organización que agrupase o estudantado universitario e de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logrou captar un feixe de universitarios procedentes de todo o país e conseguiu a incorporación dalgúns militantes do Movimiento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses o núcleo de ERGA chegou aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato.

En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso, ao que asistiron 1.000 delegados, e elixiuse unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos e Xosé Miranda. Cando se formou o Bloque Nacionalista Galego en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973.Francisco Fernández Rei. A contribución ao proceso de normalización lingüística de partidos políticos, sindicatos, institucións e asociacións que desenvolven o seu labor na cidade da Coruña. I A reivindicación da lingua galega nas décadas de 1960 e 1970 en Lingua e cidade: I Xornadas sobre lingua e usos (PDF) . Universidade da Coruña, 2005. páx. 149 Estudantes Revolucionarios Galegos constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil. Conseguiu ampla presenza na universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 51

Notas

Véxase tamén Bibliografía VVAA (1997): ERGA, un lume que prendeu . Compostela: Comités Abertos de Faculdade. Ligazóns externas 50 aniversario de ERGA (2022) Fundación Galiza Sempre.

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes