Grupo 7 é un filme español de xénero policial, dirixida por Alberto Rodríguez Librero e estreada o 4 de abril de 2012. Está rodada integramente en Sevilla.
Sinopse Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu modus operandi: violencia, coaccións, mentiras, e medias verdades... todo vale.
Grupo 7 compóñeno: Ángel (Mario Casas), un novo aspirante a inspector, intelixente e compasivo, Rafael (Antonio de la Torre) un policía expeditivo, contundente e arrogante, Miguel (José Manuel Poga) e Mateo (Joaquín Núñez) que son os retranqueiros do Grupo e capaces das maiores brutalidades, pero tamén de inesperadas mostras de tenrura.
Entre Ángel e Rafael xurdirá unha estraña comprensión e terminarán parecéndose o un ao outro máis do que imaxinasen nunca. Ángel transita, cada vez con máis soltura, polo camiño da ambición e dos excesos policiais, mentres que algo no interior de Rafael transfórmase grazas ao amor inesperado da bela e enigmática Lucía. O xogo de traizóns, lealdades e sentimentos complicarase a medida que o Grupo 7 acumula éxitos e condecoracións.
O seu obxectivo é limpar de droga as rúas de Sevilla nos anos previos á inauguración da Expo 92.
Personaxes Antonio de la Torre é Rafael. Mario Casas é Ángel. Joaquín Núñez é Mateo. José Manuel Poga é Miguel. Julián Villagrán é Joaquín. Inma Cuesta é Elena. Lucía Guerrero é Lucía. Estefanía de los Santos é La Caoba. Pedro Cervantes é Eulogio. Alfonso Sánchez é Amador.
Premios e candidaturas XXVII edición dos Premios Goya Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor directorAlberto Rodríguez LibreroCandidatoMellor actor protagonistaAntonio de la TorreCandidatoMellor actor secundarioJulián VillagránGañadorMellor actriz revelaciónEstefanía de los SantosCandidataMellor actor revelaciónJoaquín NúñezGañadorMellor guión orixinalAlberto Rodríguez LibreroRafael Cobos LópezCandidatosMellor música orixinalJulio de la RosaCandidatoMellor fotografíaÁlex CatalánCandidatoMellor montaxeJosé M. G. MoyanoCandidatoMellor dirección artísticaPepe Domínguez del OlmoCandidatoMellor dirección de produciónManuela OcónCandidataMellor deseño de vestiarioFernando GarcíaCandidatoMellor maquillaxe e peiteadoYolanda PiñaCandidataMellor sonDaniel de Zayas RamírezNacho Royo-VillanovaPelayo GutiérrezCandidatosMellores efectos especiaisJuan VenturaCandidato
Véxase tamén Ligazóns externas Mario Casas volve ao corpo de Policía Ela destapou ao verdadeiro Grupo 7
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Alberto Rodríguez Librero