O CD25 (cluster de diferenciación 25) é unha proteína de membrana que forma a cadea alfa do receptor de IL-2. É unha proteína transmembrana de tipo I presente en células TMcHugh RS, Whitters MJ, Piccirillo CA, Young DA, Shevach EM, Collins M, Byrne MC. CD4(+)CD25(+) immunoregulatory T cells: gene expression analysis reveals a functional role for the glucocorticoid-induced TNF receptor. Immunity. 2002 Feb;16(2):311-23. PMID 11869690. , células B activadas, algúns timocitos, precursores mieloides, e oligodendrocitos, que se asocia con CD122 para formar un heterodímero que actúa como receptor de alta afinidade para a interleucina-2 (IL-2).MeSH - antigen CD25 - IL-2 receptor Aínda que o CD25 se ten utilizado como marcador para identificar as células T reguladoras CD4+FoxP3+ en ratos, atopouse que unha grande proporción das células T de memoria en repouso expresan constitutivamente o CD25 en humanos. O CD25 exprésase nas células T convencionais despois da estimulación, e no sangue periférico, só as células T CD4+CD25hi son células T supresoras.Joerg Ermann and C. Garrison Fathman. Regulatory CD4+CD25+ T cells are 'suppressor' T cells. Nature Reviews Immunology (online only); doi:10.1038/nri1043
O CD25 exprésase na maioría dos neoplasma de células B, algunhas leucemias non linfocíticas, neuroblastomas, e linfocitos que se infiltran nos tumores. A súa forma soluble, chamada sIL-2R pode incrementarse nesas doenzas e é utilizada ocasionalmente para seguir a progresión da doenza.
O anticorpo anti-CD25 daclizumab probouse con bos resultados na terapia anticancro ao atacar as células T reguladoras, que poden actuar diminuíndo a vixilancia inmunitaria antitumoral.Rech AJ, Vonderheide RH. Clinical use of anti-CD25 antibody daclizumab to enhance immune responses to tumor antigen vaccination by targeting regulatory T cells. Ann N Y Acad Sci. 2009 Sep;1174:99-106. doi: 10.1111/j.1749-6632.2009.04939.x. PMID 19769742.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa dos antíxenos CD de rato Mapa dos antíxenos Cd humanos
Categoría:Antíxenos CD