Live! Tonight! Sold Out!! é un álbum en vídeo da banda estadounidense de grunge Nirvana. Foi publicado en laserdisc e VHS o día 15 de novembro de 1994 a través do selo Geffen Records. A versión en DVD editouse o 7 de novembro do ano 2006.

O vídeo foi concibido orixinalmente polo propio Kurt Cobain e trátase dunha especie de crónica du aumento da fama da banda durante a época do Nevermind. Cando Cobain morreu en 1994, o vídeo estaba sen rematar, polo que os restantes membros do grupo, Dave Grohl e Krist Novoselic, interviñeron para ompletalo. O vídeo inclúe actuacións ao vivo ademais de entrevistas da banda.

A meirande parte das imaxes ao vivo son de 1991 e 1992, con algunhas gravacións caseiras datadas a finais de 1990. As derradeiras imaxes son do 23 de xaneiro de d1993, no Hollywood Rock Festival do Río de Xaneiro.

Listaxe de cancións "Aneurysm" (en dúas partes: 25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam, Holland, e 23-01-1993 - Hollywood Rock, Río de Xaneiro. Incorrectamente etiquetada no interior) "About a Girl" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington) "Dive" (23-01-1993 - Hollywood Rock, Río de Xaneiro. Incorrectamente etiquetada no interior) "Love Buzz" (en dúas partes: 10-10-1991 - Dallas, Texas / 25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam) "Breed" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington) "Smells Like Teen Spirit" (27-11-1991 - programa de televisión británico Top of the Pops) "Negative Creep" (22-02-1992 - Honolulu, Hawaii) "Come as You Are" (25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam) "Territorial Pissings" (en dúas partes: 06-12-1991 - programa de televisión de Jonathan Ross / 25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam) "Something in the Way" (14-02-1992 - Osaka, Xapón) "Lithium" (30-08-1992 - Reading Festival, Inglaterra) "Drain You" (25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam) "Polly" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington) "Sliver" (25-11-1991 - Paradiso, Ámsterdam) "On a Plain" (26-06-1992 - Roskilde Festival, Dinamarca) "Endless, Nameless" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington) (non listada no VHS) "Lounge Act" do Nevermind interpretada sobre os créditos finais. Numerosos fragmentos doutros temas aparecen a través do vídeo, incluídas partes da actuación da banda en 1992 no programa Saturday Night Live.

Categoría:Vídeos musicais