O galo de auga común, tamén chamada galiñola negra, galiñola negra comúnPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou galiñola de auga (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.
Morfoloxía e hábitos Case do tamaño dun parrulo, o galo de auga común é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70–80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.
Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.
Reprodución
O galo de auga común constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadanais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.
Distribución Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia