A palmeira de California (Washingtonia filifera) é unha especie arbórea da familia das Arecáceas. É, xunta as Phoenix canariensis e Phoenix dactylifera, unha das principais especies de palmeira que se utilizan na xardinaxe en climas mediterráneos. En Galiza plántase nalgúns xardíns costeiros tanto privados coma públicos, sendo máis frecuente nas Rías Baixas. thumb|240px|Detalle da folla Distribución e hábitat A súa orixe vén das áreas subdesérticas de California. En boas condicións para o seu crecemento, acada até os 23 metros de altura (algunhas incluso 30 m). O seu nome fai honra a George Washington, o primeiro presidente dos Estados Unidos.

As condicións ideais son os veráns calorosos, mais no inverno ten unha relativa resistencia ao frío, xa que pode aturar xeadas de curta duración de até 10 graos baixo cero.

Descrición As súas principais características diferenciadoras a respecto do xénero Phoenix é que ten follas palmadas (ou sexa, os folíolos saen radialmente do mesmo punto no extremo do pecíolo, no canto de se dispor ao longo do raque como as barbas dunha pluma) e o toro é moito máis magro e alto (máis de 15 metros). O toro posúe pequenas marcas de fendas engurradas ou esta parcialmente cuberto por restos foliares, a súa base está enlargada. Posúe un froito elíptico ou oval, negro de 0,6 cm de diámetro.

Taxonomía Washingtonia filifera, a palmeira de California, foi descrita por (Lindl.) H.Wendl. e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879. Etimoloxía Washingtonia: nome xenérico que leva o nome de George Washington.

filifera: epíteto latino que significa "con fíos".en Epítetos Botánicos Sinonimia Brahea dulcis J.G.Cooper Brahea filamentosa S.Watson Brahea filifera (Linden ex André) W.Watson Livistona filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Neowashingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Sudw. Neowashingtonia filifera (Linden ex André) Sudw. Pritchardia filamentosa H.Wendl. ex Franceschi Pritchardia filifera Linden ex André Washingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Kuntze Washingtonia filifera var. microsperma Becc. Washingtonia filifera var. typica M.E.Jones

Notas

Véxase tamén Palmeira Washingtonia

Ligazóns externas

Washingtonia filifera at Floridata Washingtonia filifera en Flora de América do Norte (en inglés). http://www.nps.gov/jotr/nature/features/oases/oases.html https://web.archive.org/web/20081205015611/http://www.livingdesert.org./plants/california_fan_palm.asp http://www.xeri.com/Moapa/wf-hr-foreword.htm

filifera Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Palmeiras Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas descritas en 1879