Bob Buckhorn, nado en Evanston (Illinois) o 29 de xullo de 1958, é un político estadounidense. Foi alcalde de Tampa, polo partido demócrata entre 2011 e 2019.

Traxectoria Graduouse en 1980 na Penn State University, chegando a Tampa en 1982. Despois de traballar para unha compañía, involucrouse activamente na política nacional e local, dirixindo a campaña de John Glenn para presidente do Condado de Hillsborough, Florida.

En 2011, Buckhorn anunciou que se presentaría ás eleccións para a alcaldía de Tampa, para suceder a Pam Iorio, que rematara o seu mandato. Recibiu o 62,86 % dos votos e tomou posesión do cargo o 1 de abril de 2011.

Notas

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Evanston, Illinois Categoría:Alcaldes de Tampa