miniatura|Inmunoglobulina M (IgM) pentámera (formada por 5 unidades e unha cadea J).1: unidade básica. 2: cadea pesada das inmunoglobulinas.3: cadea lixeira das inmunoglobulinas.4: cadea J.5: pontes disulfuro intermoleculares. miniatura|dereita|180 px|Inmunoglobulina IgA dímera (consta de dúas unidades, unha cadea J e un compoñente secretor).1: cadea pesada.2: cadea lixeira.3: cadea J.4: compoñente secretor.
A cadea J é un compoñente proteico dos anticorpos IgM e IgA. Trátase dun polipéptido de 137 residuos de aminoácidos, que nos humanos está codificado no xene IGJ do cromosoma 4. O seu nome procede do inglés joining chain, cadea de unión.
Estrutura
O peso molecular da cadea J é de aproximadamente 15 kDa e consta de 137 residuos de aminoácidos. Presenta unha estrutura de pregamento de inmunoglobulina estándar de dúas láminas β-pregadas de catro fitas dobradas unhas sobre as outras. Ten 8 residuos de cisteína. Dous destes residuos únense coa cadea pesada α da IgA ou coa cadea pesada μ da IgM por medio de pontes disulfuro, servindo para ligar as dúas rexións Fc do anticorpo.
Segundo os estudos comparativos realizados a cadea J mostra un alto grao de homoloxía entre as aves e os humanos, o que indica a importancia da súa función.
Función A cadea J é necesaria para que as IgM e IgA poidan ser segregadas polas mucosas.
Como as IgM e IgA son os dous únicos tpos de anticorpos que se polimerizan, formulárase unha hipótese inicial que dicía que a cadea J era un requisito imprescindible para a polimerización. Porén, posteriormente viuse que a IgM pode polimerizarse en ausencia da cadea J tanto como pentámero coma en forma de hexámero; de todos modos, estas dúas formas polimerizadas aparecen en menores cantidades nos organismos que carecen de cadeas J, e tamén teñen poucos dímeros de IgA.
Notas
Categoría:Proteínas Categoría:Inmunoloxía